Manual de usuario

Benvido ao manual de usuario de e-cidadania. Este manual está destinado a todos os novos usuarios da plataforma. O obxectivo é cubrir o mellor posible todas as funcións de e-cidadania evitando ser demasiado específicos.

Premisas

  • e-cidadania será sempre libre e de código aberto.
  • Sempre daremos as mellores traducións e opcións de accesibilidade posibles.
  • Baixo ningún concepto se rexistrará a actividade dos usuarios que non sexa relevante para o proceso.

Como funciona e-cidadania

e-cidadania funciona dunha forma moi similar a un xestor de proxectos. Por unha parte temos a páxina principal, na que poderemos ver as noticias máis relevantes relacionadas cos procesos en curso, así como opcións para as redes sociais ou elixir o espazo ao que queremos ir.

A filosofía dos espazos é moi sinxela. Cada proceso de participación é un espazo, que pode ser público ou privado. Dentro de cada espazo hai unha serie de ferramentas que o administrador do mesmo poderá configurar ao seu gusto como por exemplo: noticias, repositorio de documentos, sistema de propostas, sistema de debates, seguimento de reunións, etc.

Non se pode acceder aos procesos salvo que se fora invitado, ou que o proceso sexa público. En calquera caso, para participar nun proceso hai que ser admitido no mesmo.

Rexistrarse na plataforma

O sistema de rexistro de usuarios dependerá do que o administrador queira. Por defecto, e-cidadania permite o rexistro de usuarios para poder realizar algunhas tarefas básicas, e visitar os espazos públicos, pero sen poder participar.

Para rexistrarte debes facer clic en “Entrar” e na parte inferior do formulario de entrada aparecerache a opción de rexistro. Chega co teu nome, correo electrónico e clave.

Recorda que isto só che permitirá ver os espazos públicos pero non poderás participar en ningún excepto que sexas incluído nel.

Como participar nun espazo

Os usuarios novos que se rexistren automaticamente non teñen acceso a ningún espazo da plataforma excepto os públicos, que poderán ver pero non participar neles.

Para poder participar nun espazo é necesario solicitar o acceso. Iso pódese realizar ou ben enviando un correo electrónico ao administrador responsable dese espazo, ou entrando no espazo e facendo clic no botón “Quero participar”, tras o cal será enviada unha notificación ao administrador do espazo para que avalíe a túa participación.

Outro aspecto importante de estar nun proceso de participación é que, dependendo do tipo de proceso pode que precises encher o teu perfil de usuario, que inclúe datos persoais.

Para os procesos oficiais isto seguramente sexa unha obrigación, pero non para os procesos que inician os usuarios pola súa conta.

Propostas

O módulo de propostas permite realizar propostas para que a xente as vote ou as apoie.

Ese tipo de valoracións teranse despois en conta no proceso de votación definitivo.

Enviar unha proposta é do máis sinxelo. Chega con acceder ao espazo de participación correspondente e facer clic en “Engadir unha proposta” na columna da dereita.

Aparecerá un formulario que ten varios campos:

Título
O nome da proposta. Debe ser unha síntese concisa da proposta que non debe ocupar demasiado.
Descrición
Unha descrición máis extensa da proposta. Pódense vincular elementos externos como páxinas web, imaxes, vídeos, etc.
Latitude/Lonxitude
Agora mesmo e-cidadania conta con un sistema básico de xeoposicionamento. Se queres situar a túa proposta nun mapa terás que poñer as coordenadas.
Etiquetas

As etiquetas identifican de forma sinxela a túa proposta, por exemplo:

Título: A beirarrúa de Cobián Roffignac está rota
Etiquetas: beirarrúa, cobian roffignac, pontevedra, roto

Warning

Unha vez feita unha proposta non se poderá editar nin eliminar. Este comportamento é susceptible de cambiar en e-cidadania 0.1.5

Debates

O sistema de debates é novo, así que procura prestar atención para non perderte, isto non é un foro ao uso.

Trasladáronse diversos modelos de debate presencial ata esta plataforma, e un deles é o que te imos ensinar agora. ¡Xa verás que rápido te afás!

O sistema de debate consta dun taboleiro onde se poñen as notas coas ideas de cada un. As notas están limitadas, para evitar unha sobrecarga do taboleiro.

Para endadir as túas ideas, chega con que fagas clic no botón “Nova nota” e crearase unha nova nota, na que poderás escribir. Despois chega con que a arrastres á zona do taboleiro que queiras.

Como consultar documentos

Chega con facer clic no documento que queiras ler para que empece a descargarse. Se o documento que queres non figura na columna da dereita podes darlle ao botón “Ver todos os documentos” e cargarase unha páxina nova que che amosará todos os documentos que están almacenados nese espazo.

Subscrición RSS

Os espazos, así como a páxina principal, contan con feeds RSS para poder estar ao día co teu lector de noticias favorito en vez de ter que visitar a páxina web constantemente.

Para obter o enlace do feed, chega con que fagas clic abaixo de todo en “RSS Feed”.

Ten en conta que cada espazo ten un feed diferente, así como a páxina principal de e-cidadania. Se queres un feed só do teu espazo deberás facer clic no icono RSS do teu espazo e non no da páxina principal.

Note

En e-cidadania 0.1.5 espérase ter un único botón de RSS que levará ao usuario a un selector de feeds RSS.

Preguntas frecuentes

  • ¿Podo crear eu o meu propio espazo de participación?

    Si, pero actualmente hai que solicitalo ao administrador da plataforma xa que e-cidadania non permite a creación de espazos a ninguén salvo aos administradores.

    Note

    Isto e susceptible de cambiar nun futuro.

  • ¿Podo participar nun espazo privado?

    Depende das condicións que se establezan para o espazo. No caso dos orzamentos participativos as condicións son moi estritas e non poderás participar a non ser que as reúnas.

  • ¿Existe aplicación para teléfonos móbiles?

    e-cidadania foi diseñado e programado para que a interface funcione correctamente nos smartphones actuais, non hai necesidade dunha aplicación aparte. Chega con que visites a web normalmente :)

Se tes algunha pregunta que non está aquí por favor dínolo!