Instalación

A instalación de e-cidadania é moi simple e realízase da mesma maneira que calquera outra plataforma django estándar.

Descargar a plataforma

Note

A sección de descargas da web oficial aínda non está dispoñible.

Existen numerosas formas de descargar e-cidadania. A máis sinxela de todas é ir á sección descargas da web e baixarse a última versión estable ou de desenvolvemento, listas para utilizar.

Versión estable

Podes encontrar a última versión estable na páxina de descargas de ecidadania.org:

http://ecidadania.org/downloads

Versión de desenvolvemento

A versión de desenvolvemento está dispoñible dende varios sitios. Utilizamos GIT como sistema de control de versións, así que terás que instalalo no teu ordenador.

Gitorious: (repositorio oficial):

git clone git://gitorious.org/e-cidadania/mainline.git

GitHub (repositorio secundario):

git clone git://github.com/oscarcp/e-cidadania.git

Repo.or.cz (espello oficial):

git clone git://repo.or.cz/e_cidadania.git

Requisitos

  • Python 2.5 o superior
  • Apache, nginx, ou outro servidor web con soporte CGI
  • FastCGI, CGI, Passenger ou outro CGI

Dependencias

  • django 1.3
  • PIL (Python Imaging Library)
  • python-datetime (versión 1.5)
  • django-tagging
  • django-wysiwyg
  • django-grappelli (para a administración)
  • feedparser

Instalar dependencias

Podes instalar todas as dependencias automáticamente con este comando:

# pip install -r requirements.txt

Se non dispós do programa pip tamén podes instalar as dependencias a través do programa easy_install.