Configuración

A plataforma e-cidadania vén case lista para funcionar tan axiña a descargues, pero aínda che queda editar o arquivo settings.py e algúns pasos máis.

Base de datos (BDD)

Configurando a base de datos:

DATABASES = {
    'default': {
        'ENGINE': 'django.db.backends.sqlite3',
        'NAME': 'db/sqlite.db',
        'USER': '',
        'PASSWORD': '',
        'HOST': '',
        'PORT': '',
    }
}

O primeiro de todo é configurar a base de datos. Por defecto e-cidadania vén configurado para utilizar unha base de datos local de tipo SQLite 3, que che pode resultar útil para realizar probas antes de poñer a plataforma en produción, pero que deberás cambiar tan axiña como remates as probas.

Un exemplo de base de datos nun servidor compartido de DreamHost é iste:

DATABASES = {
    'default': {
        'ENGINE': 'django.db.backends.mysql',
        'NAME': 'ecidadania_database',
        'USER': 'databaseadmin',
        'PASSWORD': 'somepassword',
        'HOST': 'mysql.ecidadania.org',
        'PORT': '',
    }
}

Modo Debug

O modo debug vén activado por defecto e recoméndase encarecidamente desactivalo para comezar a utilizar e-cidadania en produción. Para isto hai que desactivalo no ficheiro settings.py:

DEBUG = False

Perfís de usuario

ACCOUNT_ACTIVATION_DAYS (número)

Esta variable especifica cantos días ten o usuario para activar a súa conta dende que recibe o correo de confirmación.

GOOGLE_MAPS_API_KEY (hash)

Chave da API de Google para poder utilizar a interface de mapas. Débeste crear unha propia a pesar de que e-cidadania veña con unha configurada, xa que só funcionará no dominio que houberas especificado.

Correo electrónico

ADMINS (lista)

Lista de administradores e contas de correo para a notificación de erros do servidor. Só funciona se DEBUG = False

EMAIL_HOST (servidor)

Servidor de correo dende o cal se enviarán os correos aos usuarios.

DEFAULT_FROM_EMAIL

Enderezo por defecto dende a que se enviarán os correos se non se especifica outra.

Idioma

LANGUAGE_CODE (código de idioma)

Idioma co cal funcionará django por defecto.

Despois de settings.py

Despois de configurar e-cidadania ao teu gusto, terás que executar unha serie de comandos para que todo estea en orde.

Crear a BDD

Para crear a base de datos co primeiro usuario de administración executamos dende a raíz do proxecto:

./manage.py syncdb

Creará as táboas da base de datos e posteriormente preguntaranos se queremos crear un usuario de administración. Elixiremos a opción que máis nos conveña e seguiremos.

En principio con isto é suficiente. Se por algún motivo queres meter un conxunto de datos previos, deberás facelo a través dos métodos que Django ofrece, pero iso cae fóra deste manual.

Recoller ficheiros estáticos

e-cidadania vén configurado para servir os ficheiros estáticos tanto en desenvolvemento como en produción, pero neste último hai que recollelos e xuntalos nun directorio.

Ese directorio vén predeterminado como “static”, e os ficheiros estáticos propios de e-cidadania están almacenados en “static_files”. Para recoller os ficheiros debes executar o comando:

./manage.py collectstatic

Tras executalo podes borrar o directorio static_files se queres, aínda que recomendamos mantelo por se algún día necesitas executar o servidor de desenvolvemento.

Plugins

Note

e-cidadania aínda non soporta plugins, pero farao nun futuro.