Este manual ensinarache como manexar e-cidadania para que non te perdas nada de nada :).
Concretamente trata a parte do administrador do sitio sen meterse en detalles técnicos innecesarios. Se en algún momento precisas detalles técnicos é preferible que leas o manual de desenvolvemento, no cal está todo especificado.
A páxina principal do panel de administración divídese en tres grandes zonas:
Esta zona contén todas as aplicacións da plataforma. Dende aquí poderás engadir, editar ou eliminar calquera elemento da base de datos.
Note
Pode que aparezan tamén outras aplicacións de terceiros, como django-evolution ou similares, que son para a xestión de certos aspectos técnicos da plataforma.
Esta zona contén o que chamamos widgets. Neles pódese amosar case calquera tipo de información.
Normalmente eses widgets veñen configurados por defecto. Se queres cambiar o seu contido basta con que edites o arquivo dashboard.py que hai na raíz da aplicación, pero ollo, non cho recomendamos se non sabes o que estás facendo. Se aínda así queres facelo, mira o manual de django-grappelli.
Esta é a zona de rexistro. Aquí amosarase toda a actividade recente que ocorrese na plataforma.
Os usuarios teñen dúas formas de rexistrarse:
A través do proceso participativo presencial Anótanse para participar no proceso, e vólcanse os seus datos na base de datos de e-cidadania.
Neste caso terás que crear o seu usuario dende “Usuarios” e logo o perfil correspondente dende “User profiles”
Rexistrándose eles mesmos Esta é a forma máis rápida pero tamén menos conveniente. Con este rexistro o usuario non terá ningún dos seus datos persoais na base de datos, nin pertencerá a ningún proceso participativo salvo que se lle permita. Da mesma maneira, só poderá visualizar os procesos participativos abertos, pero non poderá participar a menos que se lle inclúa no grupo.
Note
Este comportamento é susceptible de cambiar nun futuro.
Por defecto e-cidadania ten o rexistro de usuarios activado cando se instala. Para desactivalo terás que comentar unha liña de código no seguinte arquivo:
apps/userprofile/urls/en.py:107
# url(r'^register/$', register, name='signup'),
Note
En e-cidadania 0.2 actualizarase a permisos por fila, que permiten un nivel moito máis detallado de permisos.
Os permisos en e-cidadania están herdados directamente do sistema de autenticación de django. De esa maneira xa dispoñemos de permisos baseados en grupo ou individuais.
Por grupo O ideal é xestionar os usuarios a través de grupos. Pódese facer accedendo ao panel de administración dende o menú que hai arriba á dereita, ao lado do nome de usuario.
Unha vez no panel de administración basta con que fagamos clic no botón que hai ao lado de “Grupos” que pon ” + Engadir” e aí teremos opción a configurar os nosos grupos.
Como poderás observar, temos dous paneis de permisos e un campo para escribir o nome. Basta con que pases os permisos que queiras para ese grupo ao panel da dereita (mediante as frechas que hai entre os dous paneles) e logo lle poñas un nome ao grupo.
Para gardar fai clic abaixo á dereita onde pon “Gardar”.
Individuais Pode que nalgún momento queiras que alguén teña unha serie de permisos en concreto que non encaixan en ningún dos grupos que creaches. Nese caso é mellor darlle os permisos ao usuario en si en vez de crear un grupo para el só.
Para iso debes editar ao usuario facendo clic en “Usuarios” e seleccionando o que queiras editar. Mostraránseche unha serie de datos do usuario como os grupos aos que pertence, data de rexistro, etc. O que nos interesa son os paneis de permisos.
Funcionan exactamente igual que os de grupo. Basta con que o configures e gardes os cambios para aplicar os permisos ao usuario.
Os espazos son zonas separadas nas cales teñen lugar os procesos participativos. Cada espazo pode configurarse a medida das necesidades do proceso e non poderá participar ningún usuario que non fose “admitido”.
A creación de espazos corresponde ao administrador da plataforma, por medidas de seguridade.
Note
Esta sección está sen terminar.
e-cidadania é unha plataforma totalmente modular, incluso as características máis básicas como noticias, repositorio de documentos, espazos, sistema de propostas, etc. son módulos que poden ser modificados ou substituídos sen afectar á estrutura da plataforma.
As tarefas de moderación dentro da plataforma son moi sinxelas. Cada módulo ou aplicación ten tres tarefas básicas: crear, editar e eliminar.
A tarefa de edición é similar á de creación, coa diferencia de que se che devolverá un formaluario cos datos do obxecto que esteas editando.
O contido xerado polos usuarios debe ser preservado, só pode ser eliminado polos administradores do sitio.
Lista de erros máis frecuentes á hora de administrar.