Contas de usuario

O módulo de contas de usuario baséase no módulo auth de django e na aplicación django-userprofile creada por James Bennet.

Pode que para algunha instalación concreta de e-cidadania se precisen outros datos do usuario que non teñan que ver co modelo de datos que trae e-cidadania por defecto. Nese caso, pódense modificar os campos do perfil de usuario.

O fichero que contén o modelo de datos do perfil atópase en apps/accounts/models.py. Todos os campos poden ser modificados salvo os de idade e espazos.

Note

Recorda que tras modificar o modelo de datos da túa instalación deberás reconstruír a base de datos. Recomendamos que instales algunha aplicación para migración de esquemas de bases de datos como django-evolution

Os usuarios constan de dúas partes. Por unha está a conta de usuario creada polo módulo auth de django e por outra está o obxecto profile que contén todos os datos do perfil.

Os usuarios poden crearse sen o seu respectivo perfil, pero unha vez que se intente crear un perfil haberá que enchelo enteiro e quedará asociado ao seu usuario de por vida.

Perfís públicos

Os usuarios contan cunha parte pública do seu perfil, que mostrará os datos que eles elixan facer públicos.

Os datos que elixan facerse públicos serán visibles para calquera persoa que visite o perfil. Sexa usuario da plataforma ou non.

Note

Ten coidado coa información que amosas na rede.

Warning

Actualmente os datos do perfil público non son configurables polos usuarios. Espérase cambiar isto en e-cidadania 0.1.5.