Traducións

Para as traducións utilizamos dúas ferramentas:

Ambas formas de traducir son sinxelas grazas ao middleware de django.

En vez de facer un ficheiro de tradución global, decidimos manter un ficheiro de tradución para cada aplicación, de esa forma aínda que se cambien os módulos, as traducións manteranse.

Traducindo con rosetta

Para realizar traducións con rosetta necesitarás unha cuenta no sistema e estar no grupo “tradutores”. Unha vez consigas iso, o demais é simple.

Tan só tes que acceder á URL de tradución e o primeiro que verás será unha lista cos idiomas dispoñibles para traducir.

../_images/rosetta1.png

Fai clic no compoñente que queiras traducir e empeza (a tradución realízase dende o inglés aos demais idiomas). Se te atascas nalgún momento podes utilizar a opción “Suxerencia”, que fará unha petición a Google Translate e poñerá a tradución máis oportuna.

Warning

Nunca confíes no resultado do botón “Suxerir”. En moitas ocasións equivocarase.

Traducindo con gettext

Gettext é unha ferramenta ben coñecida por todos os tradutores arredor do mundo xa que é un estándar. Grazas ao middleware de django, o traballo será mínimo, só teremos que editar os arquivos .po que hai no código fonte.

../_images/gettext1.png

Os ficheiros soen encontrarse nun directorio chamado locale dentro do módulo. Nel poderás encontrar directorios cos códigos de país (es_ES, en_GB, gl_ES, etc.) e dentro deles os ficheros .PO e .MO.

Para traducir, debes editar o ficheiro .PO que é un ficheiro de texto plano. Os ficheros .MO son a versión compilada do .PO para que o ordenador poida entendelos.

Warning

Establecer un fluxo de traballo para os tradutores e explicalo.