Xerando a documentación

A documentación de e-cidadania xérase a través do programa sphinx (1.1) en tres idiomas por defecto, que son:

A documentación está estruturada de forma que sexa o máis automática posible. Os tres idiomas xéranse dunha sentada ao executar make html.

Unha vez realizado ese comando a documentación quedará distribuída da seguinte forma:

docs/
    en/
    es/
    gl/
    reference/
    dev/
    docs/
    theming/
    index.rst

As carpetas es, en e gl conteñen a documentación nos seus respectivos idiomas. A carpeta reference só existe na raíz da documentación e replícase nos outros idiomas (a referencia debe ser sempre en inglés e é autoxerada dende os comentarios de código).

Por motivos de compatibilidade (por exemplo coa plataforma Read The Docs) unha copia da documentación en inglés mantense na raíz, iso dará unha solución en caso de que utilicemos algunha ferramenta que busque a documentación no directorio por defecto.

Normas lingüísticas

  • Sempre tratar de ti ao lector, nunca de vostede.
  • Sempre que unha palabra teña un equivalente en castelán, usar o equivalente aínda que sexa máis común o anglicismo.

Note

Esta sección está sen terminar.

Palabras difusas

Note

Esta sección está en constante cambio.

Inglés Galego
Click Clic
Delete Eliminar
Widget  
Dashboard  
File Arquivo