Instalación =========== A instalación de e-cidadania é moi simple e realízase da mesma maneira que calquera outra plataforma django estándar. Descargar a plataforma ---------------------- .. note:: A sección de descargas da web oficial aínda non está dispoñible. Existen numerosas formas de descargar e-cidadania. A máis sinxela de todas é ir á sección `descargas `_ da web e baixarse a última versión estable ou de desenvolvemento, listas para utilizar. Versión estable ............... Podes encontrar a última versión estable na páxina de descargas de ecidadania.org:: http://ecidadania.org/downloads Versión de desenvolvemento .......................... A versión de desenvolvemento está dispoñible dende varios sitios. Utilizamos `GIT `_ como sistema de control de versións, así que terás que instalalo no teu ordenador. **Gitorious:** *(repositorio oficial)*:: git clone git://gitorious.org/e-cidadania/mainline.git **GitHub** *(repositorio secundario)*:: git clone git://github.com/oscarcp/e-cidadania.git **Repo.or.cz** *(espello oficial)*:: git clone git://repo.or.cz/e_cidadania.git Requisitos ---------- - Python 2.5 o superior - Apache, nginx, ou outro servidor web con soporte CGI - FastCGI, CGI, Passenger ou outro CGI **Dependencias** - django 1.3 - PIL *(Python Imaging Library)* - python-datetime *(versión 1.5)* - django-tagging - django-wysiwyg - django-grappelli (para a administración) - feedparser Instalar dependencias --------------------- Podes instalar todas as dependencias automáticamente con este comando: :: # pip install -r requirements.txt Se non dispós do programa *pip* tamén podes instalar as dependencias a través do programa *easy_install*.