Configuración ============= A plataforma e-cidadania vén case lista para funcionar tan axiña a descargues, pero aínda che queda editar o arquivo `settings.py` e algúns pasos máis. Base de datos (BDD) ------------------- **Configurando a base de datos**:: DATABASES = { 'default': { 'ENGINE': 'django.db.backends.sqlite3', 'NAME': 'db/sqlite.db', 'USER': '', 'PASSWORD': '', 'HOST': '', 'PORT': '', } } O primeiro de todo é configurar a base de datos. Por defecto e-cidadania vén configurado para utilizar unha base de datos local de tipo SQLite 3, que che pode resultar útil para realizar probas antes de poñer a plataforma en produción, pero que deberás cambiar tan axiña como remates as probas. Un exemplo de base de datos nun servidor compartido de DreamHost é iste:: DATABASES = { 'default': { 'ENGINE': 'django.db.backends.mysql', 'NAME': 'ecidadania_database', 'USER': 'databaseadmin', 'PASSWORD': 'somepassword', 'HOST': 'mysql.ecidadania.org', 'PORT': '', } } Modo Debug ---------- O modo debug vén activado por defecto e recoméndase encarecidamente desactivalo para comezar a utilizar e-cidadania en produción. Para isto hai que desactivalo no ficheiro `settings.py`:: DEBUG = False Perfís de usuario ----------------- *ACCOUNT_ACTIVATION_DAYS* (número) Esta variable especifica cantos días ten o usuario para activar a súa conta dende que recibe o correo de confirmación. *GOOGLE_MAPS_API_KEY* (hash) Chave da API de Google para poder utilizar a interface de mapas. Débeste crear unha propia a pesar de que e-cidadania veña con unha configurada, xa que só funcionará no dominio que houberas especificado. Correo electrónico ------------------ *ADMINS* (lista) Lista de administradores e contas de correo para a notificación de erros do servidor. Só funciona se DEBUG = False *EMAIL_HOST* (servidor) Servidor de correo dende o cal se enviarán os correos aos usuarios. *DEFAULT_FROM_EMAIL* Enderezo por defecto dende a que se enviarán os correos se non se especifica outra. Idioma ------ *LANGUAGE_CODE* (código de idioma) Idioma co cal funcionará django por defecto. Despois de settings.py ---------------------- Despois de configurar e-cidadania ao teu gusto, terás que executar unha serie de comandos para que todo estea en orde. *Crear a BDD* Para crear a base de datos co primeiro usuario de administración executamos dende a raíz do proxecto:: ./manage.py syncdb Creará as táboas da base de datos e posteriormente preguntaranos se queremos crear un usuario de administración. Elixiremos a opción que máis nos conveña e seguiremos. En principio con isto é suficiente. Se por algún motivo queres meter un conxunto de datos previos, deberás facelo a través dos métodos que Django ofrece, pero iso cae fóra deste manual. *Recoller ficheiros estáticos* e-cidadania vén configurado para servir os ficheiros estáticos tanto en desenvolvemento como en produción, pero neste último hai que *recollelos* e xuntalos nun directorio. Ese directorio vén predeterminado como "static", e os ficheiros estáticos propios de e-cidadania están almacenados en "static_files". Para *recoller* os ficheiros debes executar o comando:: ./manage.py collectstatic Tras executalo podes borrar o directorio *static_files* se queres, aínda que recomendamos mantelo por se algún día necesitas executar o servidor de desenvolvemento. Plugins ------- .. note:: e-cidadania aínda non soporta plugins, pero farao nun futuro.