Contas de usuario ================= O módulo de contas de usuario baséase no módulo *auth* de django e na aplicación *django-userprofile* creada por James Bennet. Pode que para algunha instalación concreta de e-cidadania se precisen outros datos do usuario que non teñan que ver co modelo de datos que trae e-cidadania por defecto. Nese caso, pódense modificar os campos do perfil de usuario. O fichero que contén o modelo de datos do perfil atópase en `apps/accounts/models.py`. Todos os campos poden ser modificados salvo os de idade e espazos. .. note:: Recorda que tras modificar o modelo de datos da túa instalación deberás reconstruír a base de datos. Recomendamos que instales algunha aplicación para migración de esquemas de bases de datos como *django-evolution* Os usuarios constan de dúas partes. Por unha está a conta de usuario creada polo módulo *auth* de django e por outra está o obxecto *profile* que contén todos os datos do perfil. Os usuarios poden crearse sen o seu respectivo perfil, pero unha vez que se intente crear un perfil haberá que enchelo enteiro e quedará asociado ao seu usuario de por vida. Perfís públicos --------------- Os usuarios contan cunha parte pública do seu perfil, que mostrará os datos que eles elixan facer públicos. Os datos que elixan facerse públicos serán visibles para calquera persoa que visite o perfil. Sexa usuario da plataforma ou non. .. note:: Ten coidado coa información que amosas na rede. .. warning:: Actualmente os datos do perfil público non son configurables polos usuarios. Espérase cambiar isto en e-cidadania 0.1.5.