Xerando a documentación ======================= A documentación de e-cidadania xérase a través do programa sphinx (1.1) en tres idiomas por defecto, que son: - Inglés - Español - Galego A documentación está estruturada de forma que sexa o máis automática posible. Os tres idiomas xéranse dunha sentada ao executar `make html`. Unha vez realizado ese comando a documentación quedará distribuída da seguinte forma:: docs/ en/ es/ gl/ reference/ dev/ docs/ theming/ index.rst As carpetas `es`, `en` e `gl` conteñen a documentación nos seus respectivos idiomas. A carpeta `reference` só existe na raíz da documentación e replícase nos outros idiomas (a referencia debe ser sempre en inglés e é autoxerada dende os comentarios de código). Por motivos de compatibilidade (por exemplo coa plataforma *Read The Docs*) unha copia da documentación en inglés mantense na raíz, iso dará unha solución en caso de que utilicemos algunha ferramenta que busque a documentación no directorio por defecto. Normas lingüísticas ------------------- * Sempre tratar de ti ao lector, nunca de vostede. * Sempre que unha palabra teña un equivalente en castelán, usar o equivalente aínda que sexa máis común o anglicismo. .. note:: Esta sección está sen terminar. Palabras difusas ---------------- .. note:: Esta sección está en constante cambio. +-----------+----------+ | Inglés | Galego | +===========+==========+ | Click | Clic | +-----------+----------+ | Delete | Eliminar | +-----------+----------+ | Widget | | +-----------+----------+ | Dashboard | | +-----------+----------+ | File | Arquivo | +-----------+----------+